Novas

Familia Fundación

Onte, no partido de presentación do Río Breogán diante da súa afección no Pazo dos Deportes de Lugo, vivimos un momento moi especial.

💙 24 asociacións e colectivos lucenses, integrantes da gran familia da Fundación Breogán, acompañáronnos para presenciar o encontro desde a bancada e recibir o agarimo e o recoñecemento de todo o Pazo ao saír ao centro da pista.

Foi unha homenaxe sinxela, pero cargada de significado. Porque detrás de cada entidade hai persoas, historias, esforzo, compromiso e unha enorme contribución á nosa cidade.

A Fundación Breogán segue medrando ano tras ano, tendendo pontes, creando oportunidades e conectando realidades diferentes a través dos valores do deporte. Ver reunidas tantas entidades nun mesmo espazo é a mellor mostra de que este proxecto é xa unha gran rede de persoas que traballan por un Lugo máis inclusivo, máis solidario e máis humano.

Grazas por formar parte desta familia. Seguimos avanzando xuntos.