O programa Pegadas da Memoria segue o seu camiño e hoxe fixo unha parada moi especial para visitar aos nosos amigos de COGAMI. Tras o éxito nas residencias, esta nova sesión volveu demostrar que a terapia asistida con cans é unha ferramenta marabillosa para conectar e emocionar.



Nesta ocasión, contamos cunha compañía de luxo. Ademais do traballo de Virginia Torrecillas e a súa inseparable Pequeñita, quixeron vivir a experiencia de primeira man os representantes de Albia, cuxo apoio é fundamental para que este proxecto sexa unha realidade:
- Eduardo Vázquez, Director de zona Galicia e León.
- Noelia Sánchez, Directora comercial Galicia.
- Belén Ramos, Xerente en Lugo.
Ver a interacción entre os usuarios de COGAMI e Pequeñita reafirma o noso compromiso con esta iniciativa: momentos de alegría, estimulación e unha comunicación que vai moito máis alá das palabras.
🤝 Pegadas da Memoria é unha iniciativa da Fundación Breogán co patrocinio de Albia Funeraria Fernández.


