Novas

Bardasco, empresa colaboradora

Desde a Fundación Breogán temos o pracer de anunciar a incorporación de BARDASCO como nova entidade colaboradora.

Especializada en solucións integrais en telecomunicacións, obra civil e enerxías renovables, BARDASCO conta con máis dunha década de experiencia no desenvolvemento de proxectos clave para o despregue, instalación e mantemento de infraestruturas tecnolóxicas en Galicia e no norte de España.

A súa traxectoria, traballando con principais operadoras nacionais, empresas e administracións, destaca polo compromiso coa calidade, a seguridade e a eficiencia.

Agradecemos a súa confianza e apoio ao labor da Fundación Breogán, sumando esforzos para seguir impulsando iniciativas con impacto social.

📍María Barbeito 32, Polígono das Gandaras