Novas

Persoas – Muralla Rugby Club 11/06/26

Onte en PERSOAS cambiamos por un intre o balón de baloncesto por outro… bastante máis indomable 😅

Os nosos amigos do Muralla Rugby Club visitáronnos para achegarnos algunhas nocións deste apaixonante deporte e compartir unha tarde chea de diversión, aprendizaxe e compañeirismo.

E, como non podía ser doutro xeito, tamén se animaron a botar unhas canastras con nós 🏀

Grazas por acompañarnos e por facernos disfrutar tanto 💙