O noso particular mapa da reciclaxe continúa medrando e esta vez levounos ata Monforte de Lemos, ao Colexio Padres Escolapios.
Alí compartimos co alumnado unha nova parada desta quinta tempada, na que descubrimos que os bolígrafos, rotuladores e outros útiles de escritura que xa non utilizamos aínda poden ter moito que achegar.
Da man da Fundación Breogán e da UNED Lugo, seguimos animando os centros educativos a converter pequenos xestos cotiáns nun compromiso co medio ambiente.



E Máximus? Xa sabedes que non perde unha! O noso león reciclador está encantado de seguir facendo equipo con novos participantes. 🦁
Grazas aos Escolapios de Monforte por recibirnos e formar parte desta aventura. Agora tócache a ti: que non quede ningún útil de escritura sen unha segunda oportunidade! 💙