Novas

VERTENTE EDUCATIVA DE NÓS BALONCESTO

A vertente educativa de NÓS BALONCESTO xa está en marcha.

Abrimos o prazo de inscrición para os centros educativos de Educación Primaria da provincia de Lugo que desexen participar neste proxecto durante o curso 2026/27.

Entre os meses de outubro e xuño, visitaremos un total de 8 centros para achegar o baloncesto en cadeira de rodas ao alumnado, dando a coñecer este deporte e promovendo valores como o respecto, a inclusión e a diversidade a través da experiencia directa.

Unha oportunidade para descubrir unha modalidade deportiva apaixonante e seguir construíndo unha sociedade máis inclusiva desde as aulas.

📍 8 centros participantes
📅 Outubro 2026 – Xuño 2027
🎓 Educación Primaria

Inscricións https://forms.gle/6REvmUsk4tAciTQ97