Novas

ABRIMOS INSCRICIÓNS PARA LATEXO

A Fundación Breogán e ACARLU poñen en marcha unha nova iniciativa de educación cardiovascular dirixida a centros educativos de educación primaria da provincia de Lugo.

Seleccionaremos 5 centros educativos, que recibirán unha visita nos meses de outubro, decembro, febreiro, abril e maio, cun obradoiro práctico e participativo para que o alumnado aprenda hábitos cardiosaudables, coñeza a importancia da prevención e descubra como actuar ante unha emerxencia.

Ao remate da actividade, cada centro recibirá o distintivo de “Escola Cardioprotexida · Corazón Saudable” e o alumnado un recoñecemento como “Pequeno Heroe” ou “Pequena Heroína”.

📍 Inscricións dispoñibles en:

📅 Visitas previstas: outubro, decembro, febreiro, abril e maio
🏫 Só 5 centros participantes

Cada paso conta. Cada latexo tamén.