Novas

NINGÚN ARO SEN REDE 26/27 – CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ (O SAVIÑAO)

♻️🏀 NINGÚN ARO SEN REDE | O SAVIÑAO TAMÉN SE SUMA!

No CPI Dr. López Suárez de Escairón xa teñen todo preparado para poñerse a reciclar! Nesta visita compartimos o proxecto co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria e de 4º da ESO, que coñeceron de primeira man como transformar os útiles de escritura que xa non utilizan en novas oportunidades.

E agora vén a parte importante: o colexio xa conta co seu propio colector, situado xunto á entrada do comedor. Un pequeno punto de recollida que pode encherse grazas á colaboración de toda a comunidade educativa.

A Fundación Breogán e a UNED Lugo, seguimos sumando centros a esta quinta tempada. E Máximus, por suposto, está encantado de atopar novos compañeiros de reciclaxe! 🦁♻️

Grazas ao CPI Dr. López Suárez pola acollida e por implicar a toda a comunidade educativa. Agora o reto está nas vosas mans: cada boli, rotulador ou útil de escritura conta! 💙