As rapazas de Juan Corral xa están a quentar motores para unha nova tempada da Liga de Veteranas da FEGABA. E, polo que vemos, ganas non lles faltan!

Comeza a terceira tempada do Proxecto Cris Seijo e as actuais campioas xa teñen o balón entre as mans, o sorriso preparado e moitos retos por diante. 😄
Traballo, complicidade, bo humor e un equipo que sabe moi ben o que significa desfrutar do baloncesto.
Da man do Servizo de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, seguimos sumando tempadas e historias.


