Queremos ver como imaxinades o Nadal a través do baloncesto e do Breo. Un debuxo, unha postal dixital, unha idea orixinal… ¡Todo vale, agás a intelixencia artificial!

Se tes ata 15 anos e es fill@, sobriñ@, net@… dun socio benefactor da Fundación, esta é a túa oportunidade.

🏀 A postal gañadora converterase na nosa felicitación oficial de Nadal e terá premio dobre: 2 entradas para o palco VIP da Fundación no derbi Río Breogán – Leyma Coruña do 30 de decembro e unhas zapatillas asinadas por Jonathan Kasibabu.

📩 Envía a túa creación a inscripciones@fundacionbreogan.org, cos teus datos e os do socio benefactor.

📅 Tes ata o 20 de decembro.

Anímate a participar e pon o teu toque celeste ao Nadal!