Estamos moi felices de anunciar unha nova colaboración coa UNED Lugo e o Centro San Vicente de Paúl de Lugo. Xuntos imos prestar apoio ao seu equipo de Special Olympics e deseñar actividades ao longo da tempada para que os seus usuarios desfruten do deporte e da vida en comunidade.
O deporte é inclusión, é superación e é equipo. E a Fundación Breogán quere estar sempre ao lado de quen fai posible todo isto. 🏀✨