🏀✨ Dende a Fundación Breogán queremos dar a benvida á recentemente creada Fundación ACB, unha iniciativa que busca fomentar a educación, os valores do deporte e a inclusión social a través do baloncesto.
Celebramos con alegría a posta en marcha deste proxecto e valoramos moi positivamente o seu compromiso con causas sociais tan necesarias, como a loita contra o bullying ou o apoio a entidades e deportistas.
Na Fundación Breogán compartimos esa visión e poñémonos á súa disposición para explorar sinerxías que nos permitan seguir facendo do baloncesto unha ferramenta de inclusión, formación e solidariedade.
Xuntos, facemos máis forte ao noso deporte. 💙🤝