Novas

Actividade conmemorativa do 8M

A Fundación Breogán participou en Mulleres no Xogo, unha xornada de baloncesto 3×3 organizada pola Concellería de Igualdade do @concellolugo dentro dos actos do #8M.

O deporte feminino foi o protagonista na Praza de Augas Férreas, onde compartimos un gran ambiente xunto ás xogadoras do @ensinolugocb e do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán.

As xogadoras da Fundación abriron a tarde cunha exhibición cargada de ilusión, seguida dun emocionante partido contra as júnior do Ensino. Para rematar, un encontro entre as xogadoras do Ensino e da Fundación puxo o peche perfecto a esta celebración do baloncesto e da igualdade. A concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo, tamén nos acompañou, reforzando a importancia de seguir traballando xuntas por máis espazos e visibilidade para as mulleres no deporte.