Novas

Tour Experiencia Pazo – Juan Soñador e Dignidade

O pasado sábado, dúas das Fundacións que colaboran activamente coa Fundación Breogán, Juan Soñador e Dignidade Sarria, tiveron a oportunidade de vivir o Tour Experiencia Pazo, percorrendo os recunchos máis exclusivos do Pazo dos Deportes de Lugo.

Guiados polo Director da Fundación, Luis Abel Taboada, mergulláronse na historia do CB Breogán, descubriron espazos habitualmente pechados ao público e sentiron a maxia que envolve este templo do baloncesto galego.

E como broche de ouro, desfrutaron dun apaixonante encontro entre o CB Breogán e o Andorra, vibrando co espírito da familia breoganista.

📸 Deixámosvos algunhas imaxes desta experiencia única!