Hoxe comeza unha nova oportunidade para facer equipo fóra da pista.
O Proxecto Ícaro da Fundación Breogán entra na fase de matchfunding de Cancha Solidaria Endesa:
👉 cada doazón pode multiplicarse
Todo o recadado destinarase a bolsas deportivas para as rapazas e rapaces de Ícaro na tempada 2026/27, cubrindo mensualidades e equipamento en colaboración con clubs deportivos de Lugo.
💙 Cada achega convértese directamente en oportunidades.
👉 Podes doar a través do QR desta publicación, nas nosas historias destacadas ou na ligazón do noso perfil.
👉 Tamén directamente aquí: https://canchasolidaria.com/proyectoicaro
E ademais… podes conseguir recompensas exclusivas 👀
Agora tócanos xogar en equipo. Contamos contigo 💙



