A falta de poucos días para rematar este 2023, e do mesmo xeito que fixemos o ano pasado, chega o momento no que @s nos@s soci@s benefactores elixan qué asociación recibirá a doazón anual da Fundación Breogán.
Durante todo este ano, as nosas empresas benefactoras (Río de Galicia, Transportes Valín, Clínica García Rielo, Forestal Peninsular, Ibersys, Grupo Ditram e Pazo de Vilane) elixiron 5 entidades coas que vivimos 5 Experiencias Breogán moi especiais.
@s nos@s soci@s benefactores xa están a recibir a ligazón dende a cal poderán emitir o seu voto, dende este momento e ata o venres día 22 ás 15:00 h. O importe que se destinará á citada doazón será de 2.200€ e corresponde integramente ca cantidade recadada durante o encontro amistoso e benéfico entre o C.B. Breogán e o Valencia Basket que tivo lugar na presente pretemporada.
As Asociación que optan a recibir a doazón son:
DOWN LUGO – (Clinica García Rielo).
ASPNAIS – (Ibersys).
ASOCIACIÓN CULTURAL FIADEIRA – (Pazo de Vilane).
ADACE LUGO – (Grupo Ditram).
SOMOS UNIDOS POR EL CÁNCER – (Transportes Valín).