Novas

Sorteo de dúas invitacións dobres para o derbi

Como agradecemento ao apoio dos Socios Benefectores da Fundación Breogán, queremos compartir novamente con vós a emoción de vivir O GRAN DERBI.

Estamos a sortear 2 invitacións dobres para que gocedes do encontro da liga Endesa que enfrontará ao C.B. Breogán co Obradoiro, este sábado día 23 no Pazo dos Deportes de Lugo ás 20:45 h. dende o exclusivo Palco VIP da Fundación a pé de pista.

O partido promete ser épico, e queremos que esteas alí para vivir cada momento.

O venres comunicarémonos vía email cos afortunados gañadores. Non perdas esta oportunidade única de vivir a emoción a pé de pista no Palco VIP da Fundación Breogán!