Novas

Basket na Rúa 2024 – Colexio Salesianos 27/04/24

O BASKET NA RÚA, a actividade de ocio saudable organizada e financiada pola Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI e da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, non se detén ainda que neve en Lugo.

Por este motivo, o pasado sábado trasladamos a actividade da Praza da Milagrosa ao Colexio Divina Pastora (Salesianos Lugo), xa que as inclemencias do tempo facían imposible practicar deporte ao aire libre.

Queremos das as grazas unha vez máis á Dirección do centro por poñer a disposición da Fundación Breogán as súas instalacións deportivas.

Os rapaces e rapazas que nos acompañaron nesta mañá propia da época invernal volveron a realizar diferentes tipos de exercicios plantexados polos adestradores da Fundación Breogán e polo seu Director, Salva Arco.

Pero sen dúbida o momento máis esperado por todos son as competicións, nas que coma sempre tamén participan os pais/nais que así o desexen e nas que os gañadores levaron para a súa casa camisetas asinadas polos xogadores do Breo, mochilas do Basket Na Rúa e merchandising oficial do C.B. Breogán.

O vindeiro sábado 4 de maio despedirémonos do Barrio da Milagrosa, estaremos na Praza ou no Colexio Salesianos, dependendo das condicións climatolóxicas.