A segunda Experiencia Breogán do 2024 chéganos da man da nosa Empresa Benefactora GARCÍA RIELO e ao longo desta semana permitiranos achegarnos ao traballo da ASOCIACIÓN PÁRKINSON LUGO.
Con máis de 16 anos de historia, nesta Asociación desenvolven servizos e accións co fin de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Párkinson, familiares e coidadores na cidade de Lugo.