O pasado xoves tivo lugar no Centro Sociocultural do Concello de Friol, a charla de Marta Pérez Fandiño enmarcada dentro do proxecto “Máis Que Basket No Rural”.
Os máis de 90 nenos e nenas do CPI Doctor López Suárez, acompañados polos seus mestres/as e polo director, D. Felipe Barata Villapol, asistiron a este interesante acto sobre os bos hábitos alimentarios e os beneficios de levar unha vida activa e saudable.
Coma sempre temos que agradecer a colaboración do CPI e do Concello de Friol polas facilidades prestadas e ás nosas empresas benefactoras neste proxecto, Río de Galicia e Pazo de Vilane.