Novas

Ningún Aro Sen Rede – CPR Divino Maestro

Dende esta mañá nas canastras do CPR Divino Maestro de Lugo, locen as novas #econets de Ecoballution.

O centro é o primeiro que se suma a esta campaña da Fundación Breogán, xunto ca Uned Lugo e Ecoballution, en prol da reciclaxe e da economía circular.

Eles son os primeiros que dende mañá mesmo xa poden empezar a empregar o contedor de reciclaxe de aparellos de escritura.

No pequeno acto de entrega estiveron presentes o director da Fundación, Salva Arco, que lles explicou ós nenos/as presentes en qué consiste o proxecto; o seu profesor de educación física, Jaime Balado e unha gran sorpresa para tod@s, o xogador do C.B.Breogán Luka Brajkovic, que foi o encargado de comprobar que as redes de Ecoballution funcionan á perfección.

Tamén houbo tempo para unha breve sesión de preguntas ó xogador en castelán e inglés.

Sen dúbida foi unha divertida xornada para tod@s.

Agardamos que todo o Centro comece desde xa mesmo a depositar ese elementos de reciclaxe para acadar os puntos que se transformarán en obxectos cunha nova vida útil.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *