Novas

Desafiando á choiva nunha destacada tarde para o breoganismo

Esta tarde, a Fundación Breogán puxo o seu gran de area na presentación do camiseta oficial do C.B. Breogán e da tenda do club.

Desafiando as inclemencias meteorolóxicas, os #Breolovers achegáronse en gran número para participar no concurso de tiro no que os gañadores foron Arturo Méndez e Iria López, que levaron como premio o “Medallón Fundación”, xentileza de @oartesan3D. Grazas!

A porta do Bispo Aguirre tamén foi testemuña da presenza no concurso dos amigos de @aspnaislugo, acompañados por familares e da súa monitora Andrea.

Grazas a todos pola vosa presenza!