Novas

Empresas Benefactoras – Tour Experiencia Pazo – 6/1/24

Novo “Tour Experiencia Pazo”, desta volta para agradecer o apoio constante das nosas Empresas Benefactoras.

Os convidados elixidos polas nosas empresas benefactoras gozaron dunha visita guiada polo Director da Fundación Breogán, Salva Arco, polas instalacións do Pazo dos Deportes na mañá do día de Reis.

Neste día tan especial, dende a Fundación Breogán quixemos poñer o noso gran de area e compartir cos visitantes unha experiencia que seguramente lembrarán por sempre.

Logo de percorrer as míticas dependencias do Pazo, auténticas xoias para todo bó breoganista, os convidados/as tiveron a oportunidade de coñecer máis de preto á plantilla do C.B. Breogán e de levarse unha foto de recordo con todos eles así como un balón asinado para cada un.

Aproveitamos para agradecer novamente a colaboración das nosas Empresas Benefactoras que fan posible que poidamos desenrolar o noso labor cada ano.