Onte, na máxica mañá do día de Reis, unha representación da Fundación Breogán e do C.B. Breogán compartimos sorrisos e agasallos cos valentes nenos e nenas ingresados no HULA.
Xunto co Director da Fundación Breogán, Salva Arco, acudiron Sergi Quintela, Albert Ventura, Matej Rudan, Anthony Polite, Pablo Duarte, Quique Fraga e Marcos Fernández.
Agardamos que esta especial xornada perdure no seu recordo e desexámoslles a tod@s unha pronta recuperación.