ENCESTA CON NÓS
Xornadas de tecnificación de tiro
Proxecto da Fundación Breogán incluído dentro do plan CORRESPONSABLES da Universidade de Santiago de Compostela, financiado pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia 2ª e da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e en colaboración co C.B. Breogán.
Continuamos este proxecto no mes de Febreiro de 2023, cas Segundas Xornadas de Tecnificación de Tiro.
A actividade ten lugar na pista central do Pazo dos Deportes de Lugo e ten unha duración de 3 horas. Dirixida por SALVA ARCO e ALBERTO CORBACHO, contamos ca colaboración dos adestradores da Fundación Breogán: Diego Villadóniga, Adrián López e Chisco López.
A actividade é de carácter gratuito e para todos os niveis, para nenos e nenas de 8 a 16 anos.
Durante a primeira hora trabállanse os conceptos máis técnicos do tiro, dividindo ós mozos por idades, niveis e estacións. A segunda é de volume de tiro, para isto contamos nunha das estacións ca máquina de tiro profesional Dr. Dish All Star.
A última hora adícase ás competicións. Hai tres por cada categoría (canastra grande e canastra pequena).
Todos os inscritos dispoñen de auga e o agasallo dunha camiseta técnica. A maiores, hai trofeos para os gañadores das competicións.
Ligazón á plataforma da USC preme aquí.
Ligazón á publicación preme aquí.