Os 50 rapaces e rapazas que volveron a esgotar as inscricións para esta segunda Xornada de Tecnificación de Tiro, gozaron e aprenderon a partes iguais cas ensinanzas de ALBERTO CORBACHO, SALVA ARCO e os adestradores da Fundación Breogán.
O proxecto, que está incluído dentro do Plan Corresponsables da USC, está financiado pola Xunta de Galicia a través da Vicepresidencia 2º e da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Contamos ca presencia de D. Francisco Fraga (Vicereitor de Organización Académica e do Campus de Lugo), D. Antonio Álvarez (Adxunto ó Vicereitor) e D. Javier Arias Fouz (Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo).
Ligazón á páxina do proxecto preme aquí.