Novas

Entradas de agasallo BCL – C.B. Breogán – Telekom Baskets Bonn

A Basketball Champions League volve ao Pazo este mércores, na derradeira xornada dos grupos da BCL e dende a Fundación Breogán convidamos novamente aos nos@s soci@s benefactores a acudir ao encontro, que terá lugar ás 20:00 h.

Cada un deles e delas terá á súa disposición dúas entradas dobres para que veñan a animar ao @cbbreogan xa que está en xogo o pase de ronda da Champions League fronte ao Telekom Baskets Bonn.