Novas

Experiencia Breogán – Somos UPEC – Día de partido

TRANSPORTES VALÍN, como Empresa Benefactora da Fundación Breogán, quixo que durante toda esta semana désemos visibilidade e coñecésemos máis aínda a SOMOS Unidos Por El Cáncer.

SOMOS Unidos Por el Cáncer creouse o 22 de outubro de 2014 e dende entón estiveron traballando para dar visibilidade, axudar, apoiar e orientar aos pacientes de cancro. Un traballo incansable co único propósito de mellorar a calidade de vida, en todolos sentidos, das persoas que padecen esta enfermidade e a súa contorna familiar.

O Director da Fundación Breogán, Salva Arco e o xerente de TRANSPORTES VALÍN, Pablo Valín, fixeron entrega do recoñecemento a Marian Pérez e Marta Fernández, secretaria e tesoreira da entidade respectivamente.

Grazas e parabéns por todo o traballo que realizades a diario. A nosa sociedade é un sitio moito mellor con entidades e persoas coma vós. GRAZAS!