Novas

Entrega da Doazón Benéfica Anual da Fundación Breogán

Onte, no descanso do apaixonante encontro no Pazo dos Deportes entre o CB Breogán e o Real Madrid, tivo lugar a entrega da Doazón Anual da Fundación Breogán ao Centro de Menores Ollos Grandes, entidade escollida polas votacións das nosas socias e socios benefactores.

A entrega do talón simbólico foi realizada por Carmen Lence, presidenta do CB Breogán e membro do Padroado da Fundación, e por Luis Abel Taboada, director da Fundación Breogán.
Recibiu o cheque en representación do Centro de Menores Ollos Grandes, Noé Graña.

Desde a Fundación Breogán reiteramos o noso agradecemento a todas as persoas e empresas benefactoras que fan posible, ano tras ano, o Proxecto Experiencia Breogán, apoiando entidades que desenvolven unha labor social tan necesaria.

💙 E desde este momento damos comezo á Experiencia Breogán 2026, abrindo a porta a novas asociacións e entidades que desenvolvan a súa actividade en favor da integración, a inclusión social e o benestar das persoas, así como da promoción, posta en valor e difusión do patrimonio cultural, histórico e etnográfico lucense e doutras iniciativas de interese social para a nosa comunidade.