Novas

Experiencia Breogán – Asociación Cultural Fiadeira – Pazo de Vilane

Esta semana, e da man da nosa Empresa Benefactora PAZO DE VILANE, os protagonistas dunha nova Experiencia Breogán serán a ASOCIACIÓN CULTURAL FIADEIRA.

A Asociación foi fundada no ano 1996 por veciños do municipio de Antas de Ulla e o seu principal obxectivo dende aquela segue a ser o mesmo, visibilizar a cultura tradicional galega.

Dende a Fundación Breogán queremos sumarnos a eles e elas nesa nobre empresa dando a coñecer o seu importante traballo.

Ademáis, ao longo desta semana visitaremos a Asociación para coñecelos/as máis de preto e estarán convidados a realizar o “Tour do Pazo” e a presenciar en directo o encontro do vindeiro domingo día 15, entre o C.B. BREOGÁN e o Valencia Basket.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *