Novas

Máis Que Basket No Rural – Castro de Rei – Adestramentos 9 outubro

Iniciamos a parte deportiva do Máis Que Basket No Rural en Castro de Rei.

Os primeiros adestramentos tiveron lugar nos dous colexios do Concello; a primeira hora estivemos no CEIP Veleiro do Campo, no que contamos ca presenza de José Ángel Cruzado e en representación do Centro, o seu Director Juan José Díaz Valiño e un coñecido ex xogador do C.B Breogán, José Manuel Cabezudo.

Á fronte da sesión, na que se combinaron aspectos teóricos do baloncesto, práctica de bote e unha parte lúdica con xogos e actividades, estiveron o Director da Fundación Breogán, Salva Arco e un dos adestradores da Fundación, Chisco López.

A segunda visita da mañá foi ao CEIP Ramón Falcón, onde realizamos unha actividade semellante á do primeiro colexio e no que os/as alumnos/as voltaron a amosarnos unha gran acollida e moita predisposición a traballar e a pasalo ben. No adestramento estivemos acompañados polo mestre de educación física, Diego Sal Julio e por varios membros do profesorado.

Queremos agradecer ao Concello de Castro de Rei e ao persoal dos Centros Educativos a súa predisposición para levar adiante este proxecto; ás nosas empresas benefactoras, Río de Galicia e Pazo de Vilane, por colaborar con nós un ano máis; e como non, aos 40 rapaces e rapazas que cubriron as inscricións destinadas a este Máis Que Basket No Rural e que son o claro exemplo de que hai moita vida no rural lucense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *