Novas

Experiencia Breogán – FUDACE – Ditram

Cuarta Experiencia Breogán do 2024 adicada á Fundación de Dano Cerebral.

Durante esta semana, e grazas á empresa benefactora da Fundación Breogán, DITRAM daremos a coñecer o traballo da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE).

O ámbito de actuación da Fundación, que leva en funcionamento desde 2002, consiste na articulación de medidas asistenciais, laborais ou formativas para persoas con parálise cerebral e persoas con grandes diversidades funcionais físicas e psíquicas.

Queremos dar as grazas á nosa empresa benefactora, Ditram, por facer posible esta Experiencia Breogán. Sen a vosa colaboración e apoio constante, oportunidades coma esta non serían posibles.

E grazas tamén á Fundación de Dano Cerebral polo seu inmenso labor, que ten un impacto positivo tan necesario na vida de tantas persoas. O voso traballo é un exemplo de dedicación e compromiso, e será un privilexio poder coñecer máis de preto todo o que facedes.

Podedes visitalos e recibir información en calquera das súas dúas localizacións: na Residencia de Dano Cerebral, en Castro Ribeiras de Lea, ou nas súas oficinas en Lugo: Rúa Poeta Aquilino Iglesia Alvariño, 27 Baixo.

Na súa web fudace.org tamén tedes información ampliada así como a posibilidade de facervos voluntarios.