Os nosos mozos do equipo Fundación Breogán continúan apurando os últimos adestramentos con moitísima ilusión e alegría antes de viaxar a próxima semana a Tarragona para disputar a Fase Previa da Minicopa da liga Endesa.
Onte, o adestramento tivo un invitado moi especial: o capitán do C.B. Breogán, Erik Quintela, quen non só compartiu grandes consellos, senón que tamén se sumou activamente ás dinámicas do equipo. Foi unha experiencia inesquecible para os pequenos, que gozaron e aprenderon xunto a un dos seus grandes referentes.
O esforzo e a ilusión destes mozos é contaxiosa e imos a por todas!