Novas

Experiencia Breogán – Visita a FUDACE

Onte tivemos o privilexio de visitar o centro da Fundación FUDACE en Castro de Ribeiras de Lea, acompañados por unha representación do C.B. Breogán formada polo xogador Toni Nakic, o técnico Quique Fraga e o preparador físico José Antonio Durán.

Fomos recibidos con moito agarimo polo seu presidente, Luis Abelleira, e o director, Alberto Tenorio, quen nos mostraron de preto o incrible labor que realizan.

FUDACE é un deses proxectos que ás veces pasa desapercibido, pero cuxa labor é imprescindible. O seu esforzo desinteresado marca unha diferenza enorme na vida de moitas persoas, e sentímonos honrados de poder dar visibilidade ao seu traballo grazas ao apoio da nosa empresa benefactora, Grupo Ditram.

Grazas, FUDACE, por ensinarnos o valor da solidariedade e o compromiso.