Esta tarde, o equipo Fundación Breogán realizou o seu último adestramento antes de partir rumbo á Costa Daurada, onde representarán ao CB Breogán na fase previa da Minicopa da Liga Endesa.
Para #osrapaces foi unha xornada chea de sorrisos, complicidade e, por suposto, de traballo intenso e responsabilidade, conscientes da importante cita que lles agarda.
Tivemos a honra de contar coa visita de Salva Arco, Director Xeral do CB Breogán; Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta; Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo, e Javier Vázquez, Presidencia da Xunta de Galicia, que estiveron para desexarlles sorte e transmitirlles o seu apoio.
¡Imos, rapaces! Sabemos que deixaredes alto o espírito breoganista.
#MedrarCunhasCores