Novas

Experiencia Breogán – Tour do Pazo e día de partido – FUDACE / Ditram

O pasado sábado tivo lugar a derradeira fase da Experiencia Breogán que adicamos a Fudace, grazas á nosa Empresa Benefactora Grupo Ditram.

Un grupo de usuarios de FUDACE viviu unha experiencia inesquecible. Acompañados por Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán, realizaron o tradicional percorrido polas emblemáticas instalacións do Pazo dos Deportes de Lugo: a sala de prensa, sala de trofeos e outras dependencias que gardan a esencia do club.

Despois, dende o palco VIP da Fundación, desfrutaron do emocionante partido entre o C.B. Breogán e o Covirán Granada.

Nun dos descansos, Rubén Gil, Xerente de Grupo Ditram, entregou un simbólico recoñecemento a FUDACE polo seu gran labor. O trofeo foi recibido por Roberto López, secretario da Fundación Dano Cerebral, nun momento cheo de gratitude e significado.

Un agradecemento especial ao enorme traballo de FUDACE e á nosa empresa benefactora Grupo Ditram, por permitírmonos coñecer este gran labor e axudarnos a darlle difusión.