Novas

Festa da Xuventude Begonte

Hoxe, a Fundación Breogán estivo presente na FESTA DA XUVENTUDE do @concellobegonte, realizando unha actividade lúdico-deportiva.

Dentro do ambiente festivo, a resposta e a actitude participativa dos veciños de Begonte foi total.

Todos levaron un grato recordo e agasallos coma a camiseta do @cbbreogan edición Arde Lucus, bufandas e outros produtos das nosas empresas benefactoras.

E como as festas son o lugar máis axeitado para xuntarnos e reencontrarnos cos amigos, o sábado contamos ca presencia dalgúns dos máis grandes: os irmáns @erik_quintela e @42ergiquintela, @pablo10duarte e @jaime_capella, recente gañador da CBA, a Liga Chinesa de Baloncesto cos Liaoning Flying Leopards.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *