Na Fundación Breogán cremos firmemente no valor da educación como motor para fomentar hábitos saudables e mellorar o rendemento no ámbito deportivo.
Foi un pracer colaborar nunha nova xornada formativa no Politécnico de Lugo, dentro do Proxecto Nutriescolas, da man da nutricionista deportiva Laura Sas Barbeito. “Alimentación para a saúde, enerxía e rendemento”, unha temática clave para entender como os bos hábitos poden influír directamente no benestar e no desempeño físico e profesional.
Participou alumnado dos ciclos de auxiliar de enfermaría, actividades físicas e deportivas, atención á dependencia e industrias alimentarias, que puido reflexionar sobre a importancia dunha nutrición axeitada no seu día a día e no seu futuro laboral.
Grazas ao centro pola colaboración e a Laura Sas pola súa implicación e capacidade para transmitir.
