Novas

Fundación Breogán Diversia – 1º adestramento

A semana pasada realizamos o 1º adestramento do equipo de baloncesto adaptado en cadeira de rodas da Fundación Breogán Diversia.

Ainda que faltaban algúns dos integrantes do conxunto, por compromisos persoais, houbo moi boa sintonía e moitas ganas de aprender dos que si estiveron presentes.

Traballáronse diferentes aspectos como o manexo da cadeira e a normativa específica do baloncesto en cadeira de rodas.

Voltaremos o vindeiro venres á mesma hora, as 11:30 no complexo deportivo de Frigsa, para seguir dándolle forma a este equipo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *