Novas

Proxecto Persoas – Continuamos a adestrar

Xa son máis de 20 rapaces e rapazas os que se achegan ó Pazo cada xoves, divididos en grupos, para realizar esta actividade deportiva que a Fundación Breogán desenrola en convenio ca Excma. Deputación de Lugo.

Idesnos permitir, que esta publicación sexa a nosa pequena homenaxe ós preto de 15 monitores, adestradores e voluntarios que coordinan e traballan para que o Proxecto Persoas saia adiante.

En especial queremos ensalzar a actitude e a predisposición desinteresada dos voluntarios, sen os cales a realización desta actividade sería imposible.

Como mostra deste agradecemento, queremos convidalos a asistir ó encontro do vindeiro domingo día 19, que enfrontará no Pazo dos Deportes ó C.B. Breogán e ó Casademont Zaragoza, poñendo á súa disposición dúas entradas para cada un.

Páxina do Proxecto Persoas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *