Non podía saír mellor.
Un día espectacular, cheo de ambiente, caras coñecidas e, sobre todo, moita solidariedade.
A mellor maneira de celebrar a vitoria do Río Breogán: compartindo, sumando e facendo equipo tamén fóra da pista.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes e formastes parte desta iniciativa.
Grazas aos amigos de Down Lugo e de Total Sport pola súa presenza e apoio.
E, moi especialmente, grazas á Asociación Cociñeiros Lugo por contar coa Fundación Breogán nesta fantástica acción.


