III Edición da "Liga Senior 3X3" da Fundación Breogán.
A III Edición da Liga Senior 3x3 da Fundación Breogán é unha liga de baloncesto en formato 3x3 que se levou a cabo os días 24 e 31 de maio, e o 7 de xuño (Pista Principal do Pazo Dos Deportes) e as finais o 9 de xuño (Praza Augas Férreas).
Unha competición que nas dúas edicións anteriores reuniu a máis de 120 participantes, sendo un éxito tanto de convocatoria como no seu desenrolo. Máis de 72 partidos, competición de triplas, árbitros, balóns oficiais de 3x3, equipacións persoalizadas, terceiro tempo, etc. foron alguns dos alicientes que vestiron este evento. Na seguinte ligazón podedes acceder á páxina da pasada edición: https://fundacionbreogan.org/ii-liga-senior-3x3
Para esta nova edición, as características da liga foron as seguintes:
Lugar: Pazo Dos Deportes, pista principal.
Días e horas: 24 e 31 de maio, e 7 de xuño de 20:30h a 23:30h. A fase final da liga disputarase o día 9 de xuño na Praza Augas Férreas, a partir das 18:00 h.
Máis:
- Tódolos partidos serán arbitrados por árbitros federados da FGB.
- Categoría: maiores de 30 anos (mixto).
- Límite de inscricións (8 equipos).
- Máximo de 6 xogadores por equipo.
- Empregaranse balóns oficiais FIBA 3x3.
- As finais do día 9 de xuño, disputaranse nunha pista oficial 3X3.
- Terceiro tempo na zona Vip do Pazo Dos Deportes. Despois dos encontros, tódolos equipos disporán dun pequeno aperitivo para recuperar forzas e compartir impresións sobre a xornada disputada.
- Concurso de triplas.
- Concurso de two ball.
- Concurso Tiro TORRE DE NÚÑEZ.
- Equipacións persoalizadas.
- Trofeos e medallas para os gañadores, premios ao Fair Play, M.V.P. e máis detalles para os participantes.
Xornada 1 - 24 de maio
Xornada 2 - 31 de maio