II LIGA SENIOR 3X3
II Edición da "Liga Senior 3X3" da Fundación Breogán.
Proxecto realizado baixo convenio da Fundación Breogán coa Área de Deportes da Excma. Deputación de Lugo.
A II Edición da Liga Senior 3x3 da Fundación Breogán é unha liga de baloncesto en formato 3x3 que se levará a cabo os días 19, 26 e 31 de maio, e o 9 (Pista Principal do Pazo Dos Deportes) e 17 de xuño nas pistas exteriores do Pazo Dos Deportes.
Unha competición que na súa primeira edición reuniu a máis de 60 participantes, sendo un éxito tanto de convocatoria como no seu desenrolo. Máis de 72 partidos, competición de triplas, árbitros, balóns oficiais de 3x3, equipacións persoalizadas, terceiro tempo, etc. foron alguns dos alicientes que vestiron este evento. Na seguinte ligazón podemos ver o artigo: https://fundacionbreogan.org/liga-senior-3x3.
Para esta nova edición, as características da liga serán as seguintes:
Lugar: Pazo Dos Deportes, pista principal e anexas. No caso de chuvia o día 17, os encontros disputaranse no Anexo.
Días e horas: 19 e 26 de maio, e 1 e 9 de xuño de 20:30h a 23:o0h. A fase final da liga disputarase nas pistas exteriores do Pazo Dos Deportes, o día 17 de xuño durante todo o día.
Máis:
- Tódolos partidos serán arbitrados por árbitros federados da FGB.
- Límite de inscricións (12 equipos).
- Máximo de 6 xogadores por equipo,
- Empregaranse balóns específicos para o formato de baloncesto 3x3.
- Terceiro tempo na zona Vip do Pazo Dos Deportes. Despois dos encontros, tódolos equipos disporán dun pequeno aperitivo para recuperar forzas ecompartir impresións sobre a xornada disputada.
- Concurso de triplas.
- Concurso de habilidades por equipos.
- Equipacións reversibles e persoalizadas.
- Trofeos e medallas para os gañadores, premios ao Fair Play e máis detalles para os participantes.
- Tódolos equipos terán opcións de clasificarse para os cartos de final ata o mesmo día das finais, o 17 de xuño.
Xornada 2 - 26 de maio
Xornada 3 - 31 de maio
Xornada 4 - 9 de xuño
Resultados e clasificacións
Xornada 1 (Encontros - Triplas)
Xornada 2 (Encontros - Triplas - Habilidades)
Xornada 3 (Encontros - Triplas)
Xornada 4 (Encontros - Triplas - Habilidades)