LUZ AO DEPORTE 2026

 

 

 

De Setembro a Decembro de 2026.

 

 

LUZ AO DEPORTE | V EDICIÓN

A cara menos coñecida do deporte de elite contada polos seus protagonistas

Luz ao Deporte é un proxecto educativo da Fundación Breogán que utiliza o deporte e aos seus protagonistas como ferramenta para inspirar, educar e transmitir valores á mocidade.

Desde a súa creación en 2022, esta iniciativa achega aos centros educativos lucenses experiencias reais de deportistas e profesionais de primeiro nivel, permitindo que os mozos e mozas descubran todo o que hai detrás do éxito deportivo: o esforzo, a disciplina, a constancia, a xestión da presión, as derrotas, a superación e o compromiso diario.

A través dun formato próximo e participativo, os relatores comparten a súa historia persoal e profesional, xerando un diálogo directo co alumnado e convertendo cada encontro nunha experiencia educativa única.

Nesta quinta edición participarán arredor de 480 estudantes de 1º e 2º da ESO do CEIP Anexa e do CEIP Rosalía de Castro, cunha asistencia aproximada de 120 alumnos e alumnas por conferencia.

O ciclo desenvolverase entre os meses de setembro e decembro de 2026, cun total de catro conferencias:

 

  • JOSEP PERIS – 29 de Setembro – A parte invisible do éxito
  • GONZALO GONZÁLEZ – Outubro
  • UXÍA FOLGUEIRA – 3 de Novembro – 
  • DIEGO RÍOS  – 15 de Decembro

 

Luz ao Deporte pretende mostrar a realidade que existe detrás dos focos, utilizando historias reais para fomentar valores positivos e ofrecer referentes próximos aos adolescentes.

Un proxecto da Fundación Breogán patrocinado por ABANCA.

 
 

 

29 de setembro de 2026 - JOSEP PERIS