Novas

Ningún Aro Sen Rede – Rematamos as visitas

É hora de reciclar!‍

Unha vez rematadas as visitas aos 10 Centros Educativos participantes na III Edición de Ningún Aro Sen Rede, chega o momento de que enchades os contedores que vos entregamos con elementos de escritura esgotados.‍

As canastras xa contan con redes @ecoballution procedentes da reciclaxe de residuos mariños para que gocedes practicando baloncesto.‍

Desde a Fundación Breogán queremos agradecer a tódolos centros educativos pola vosa participación; a Alejandro Rodríguez e Ana Traseira (UNED Lugo) pola vosa colaboración e ao C.B. Breogán, aos xogadores e ao gran Máximus pola predisposición e por acompañarnos nas visitas.

Vémonos a finais de curso para hacer as pesaxes e determinar os colexios gañadores de fermosos premios da @unedlugo, @cbbreogan e da Fundacion Breogán.