Novas

Compromiso, talento e paixón polo baloncesto.

O equipo Fundación Breogán reafirmou a súa presenza na elite do baloncesto de formación ao participar, por cuarto ano consecutivo, na fase previa da Minicopa Endesa. Esta cita converteuse nun fito anual para o baloncesto de base, onde os mellores equipos de España compiten polo soño de acceder á fase final deste prestixioso torneo.

Representando ao C.B. Breogán e a toda a provincia de Lugo, os xogadores do Fundación Breogán demostraron unha vez máis o seu compromiso, talento e paixón polo baloncesto. Son un fiel reflexo do espírito de loita e a actitude que caracteriza ao C.B. Breogán e ao breoganismo, valores que están presentes en cada acción e que elevan o nome da nosa terra a nivel nacional.


A Minicopa Endesa non só é unha competición, senón tamén unha oportunidade única para que os máis novos vivan unha experiencia inesquecible, compartindo pista cos mellores equipos de España e aprendendo valores fundamentais como o traballo en equipo, a perseveranza e o respecto.

Desde a Fundación Breogán, agradecemos o apoio incondicional da afección e das familias, que foron unha parte esencial deste camiño. A ilusión segue intacta, e con cada participación, #osrapaces seguen a desmostrar que o futuro do baloncesto en Lugo está cheo de posibilidades.