Novas

I Torneo 3X3 Na Rúa

Onte vivimos un fantástico día de exaltación do baloncesto de base no 𝐈 𝐓𝐎𝐑𝐍𝐄𝐎 3𝐗3 𝐍𝐀 𝐑Ú𝐀 da Fundación Breogán.

Un día no que os equipos participantes deixaron patente a paixón polo basket e o alto nivel que amosaron ó longo de toda a xornada.

Moitos parabéns ós gañadores e moitas grazas a todolos participantes e ó público que contribuíu ca súa presenza a facer aínda máis grande este Torneo.

Grazas tamén ás nosas empresas e institucións benefactoras por ofrecernos a súa axuda e implicación para poder levar a cabo este proxecto.

Ogallá podamos consolidar este Torneo dentro da nosa axenda e que en vindeiras datas gocemos da II Edición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *