O vindeiro luns 21 de setembro damos comezo á segunda tempada do noso programa de Pilates para persoas usuarias da Asociación Contra o Cancro Lugo.
Un proxecto que naceu a pasada tempada coa vontade de promover o benestar físico, o movemento e a calidade de vida a través dunha actividade adaptada ás necesidades das persoas participantes.
Tras a gran experiencia do primeiro ano, retomamos as sesións semanais con máis ilusión ca nunca para seguir compartindo espazos de saúde, acompañamento e superación.
Grazas á AECC Lugo pola súa confianza e por seguir camiñando ao noso lado neste proxecto. 💙
