Novas

Primeiro adestramento +QBNR en Friol

Inicio do proxecto “Máis Que Basket No Rural” no Concello de Friol.

Logo da presentación, na que nos acompañaron a Concelleira de Cultura do Concello de Friol, María de los Ángeles Buján Burgo e o Director do CPI Dr. López Suárez, Felipe Barata Villapol, tivo lugar o primeiro adestramento, que rematou cun merecido OptiPro para os máis de 30 nen@s inscritos nesta actividade.

Durante as vindeiras 10 semanas, cada luns estaremos compartindo baloncesto e hábitos saudables con estes rapaces e rapazas, que gozaron facendo deporte e non perderon detalle de cada unha das explicacións de Salva Arco e do equipo de adestradores da Fundación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *