Novas

Proxecto Grazas A-vós – Coidando a quen nos coidou

Cada semana, desde a Fundación Breogán, visitamos as Residencias de Maiores da Xunta de Galicia en Lugo: A Milagrosa e As Gándaras, para desenvolver actividades que combinan coidado, apoio e benestar.

Os nosos obradoiros están deseñados para fomentar a estimulación cognitiva e mellorar a saúde física, sempre adaptándonos ás necesidades de cada persoa:
– Álex e Nerea lideran as actividades físicas, promovendo mobilidade e vitalidade.
– Luis Abel Taboada, Director da Fundación, guía as sesións psicolóxicas co apoio de Marta, da UNED Lugo, creando un espazo de acompañamento e escoita.

Este proxecto permítenos devolver un pouco de todo o que os nosos maiores nos deron, axudándoos a manterse activos e conectados. A súa fortaleza e as súas historias son unha inspiración para todos nós.

Grazas a quen fai posible que isto sexa unha realidade cada semana.